prevención

prevención

(< latpraeventĭōne)

    1. s f

      Acción e efecto de previr.

    2. s f

      Predisposición ou disposición para evitar un risco.

    3. prevención dos accidentes de traballo/de riscos laborais [DER]

      Conxunto de medidas destinadas a diminuír o risco de accidentes laborais.

  1. [DER]

    Corrección disciplinaria que a lei permite aos tribunais do contencioso administrativo.

  2. s f [DER]
    1. Coñecemento anticipado do xuíz nunha causa que pola súa natureza puidese pertencer a outros xuíces.

    2. Seguro de bens procedentes de sucesións decretado polo xuíz de primeira instancia.

  3. s f garda de prevención [BÉL]
    1. s f

      Lugar dun cuartel onde se sitúa a garda de prevención, e no que se custodiaban os arrestados por faltas leves e onde estaba o calabozo para os arrestados por faltas graves.

    2. garda de prevención

      Tropa de vixilancia ou de defensa que se establece nun cuartel, campamento ou fortaleza.

  4. Lugar dun cuartel onde se sitúa a garda de prevención, e no que se custodiaban os arrestados por faltas leves e onde estaba o calabozo para os arrestados por faltas graves.

Palabras veciñas

prevaricar | Prevediños | Prevelakis, Pandelís | prevención | preventivo -va | preventorio | prever