Prexigueiro, ponte de
Prexigueiro, ponte de
Construción situada sobre o río Cerves en Quins (Melón). Datada posiblemente entre os ss XVII e XVIII, realizouse en cantaría cun só arco de medio punto e rasante horizontal. Sitúase no antigo camiño de Ribadavia a Francelos.