prezo
(
-
[ECON]
-
s
m
Relación de cambio entre dous bens económicos, isto é, número de unidades dun ben que cómpre entregar para obter unha unidade doutro ben. Na linguaxe habitual, o prezo dun ben refírese ao número de unidades de diñeiro que cómpre entregar para obter unha unidade deste ben. Na linguaxe económica, esta acepción faise equivalente a prezo absoluto ou monetario, para diferencialo do prezo relativo, onde a unidade de cómputo non é necesariamente o diñeiro. As discusións sobre o concepto de prezo poden estar agrupadas nun dobre plano: a análise dos mecanismos da determinación dos prezos (os prezos de mercado) e a análise dos prezos que deberían existir para conseguir algún obxectivo ético ou de eficiencia. A análise da determinación dos prezos de mercado condúcese case sempre coa axuda da idea de competencia. No caso máis extremo de competencia ou competencia perfecta, suponse que cada mercado está constituído por un número moi grande de demandantes e oferentes dun ben, perfectamente homoxéneo, que coñecen en todo momento o prezo, que é único, existente no mercado. Os demandantes e os ofertantes poden determinar as cantidades que están dispostas a intercambiar en cada nivel de prezos. A suma de todas estas demandas e ofertas individuais definen, respectivamente, as funcións de demanda e oferta do mercado, e estas determinan os denominados prezos de equilibrio, é dicir, aqueles nos que cada unha das demandas de mercado coinciden con cada unha das ofertas de mercado. Mentres que en competencia perfecta unha variación da produción dunha empresa non terá case efecto significativo sobre o prezo de mercado, no caso extremo dunha empresa monopolista, esta, ao fixar a súa produción, determina simultaneamente o prezo de mercado. Entre a competencia perfecta e o monopolio existen algunhas posibilidades intermedias, como a competencia imperfecta ou monopolística, é dicir, unha situación con moitas empresas producindo un produto non homoxéneo e onde unha delas pode afectar lixeiramente o prezo do seu produto diferenciado, sen que iso provoque repercusións importantes sobre as vendas de cada unha das outras. Outro caso intermedio é o oligopolio, un mercado onde venden un número pequeno de empresas, o que fai que as decisións tomadas por calquera delas sobre o prezo ou o nivel de vendas afecte a todas as outras.
-
a prezo feito
Pór un prezo ou unhas cantidades fixadas por adiantado, non a xornal. Nos contratos así estipulados, a retribución está determinada segundo a produtividade ou o resultado do traballo.
-
prezo de custo
Resultado da contabilización do valor de todos os recursos empregados na produción dun ben.
-
prezo de venda
Cantidade pola que se pode adquirirse un ben.
-
prezo xusto
Tasación de bens vendibles.
-
s
m
-
s
m
O que custa conseguir algo.
Sinónimos: custo.
Refráns
- Neste mundo mesquiño, cando o pan encarece, abarátase o viño.
- Non hai galiña gorda por pouco diñeiro.
- Nunca moito custou pouco.
- Odre baleiro, enchelo custa diñeiro.