prión
prión
(< ingl prion)
s
m
[MICROB]
Partícula infecciosa descuberta por Stanley Prusiner (1982), considerada por algúns autores como unha forma subvírica de natureza proteica, que non semella ter ningún tipo de ácido nucleico. Provoca a enfermidade de Creutzfeld-Jakob no ser humano.