PRISA
Grupo de comunicación creado en Madrid en 1972 por José Ortega Spottorno, que constituíu o seu equipo directivo en 1976 ao redor do xornal El País (1976), matriz da corporación xunto coa cadea SER, creada por Jesús de Polanco en 1989. Del xurdiron outras sociedades como Unión Radio (SER, M80, Cadena 40, Maxima FM); medios impresos (Cinco Días, AS, Rolling Stones, Cinemanía), Prisacom, para a xestión dos sitios web; ou Sogecable (Canal + e Digital +). Ademais, o grupo mantivo intereses no mundo editorial en España e América (Santillana, Aguilar, Alfaguara, Taurus ou as librarías Crisol), na televisión local (Localia), e a produción audiovisual (Plural Entertainment) e discográfrica (Gran Vía Musical). Promove os premios Ondas (1953) de radio e televisión, Ortega y Gasset (1984) de xornalismo e Alfaguara (1998) de novela.