Pritzker, Premio

Pritzker, Premio

Premio internacional de arquitectura concedido pola Fundación Hyatt. Foi creado en 1979 pola familia Pritzker de Chicago, propietaria da cadea de hoteis Hyatt, para premiar aqueles traballos que ademais de amosar calidade e talento, constituísen unha interesante contribución para a humanidade. O premio concédese a título individual, a excepción dos anos 1998 e 2001, cando foron dúas as persoas nominadas. Os premiados reciben a cantidade de 100.000 dólares, un certificado formal de citación e, desde 1987, un medallón de bronce. Dos galardoados destacan Philip Johnson (1979), James Stirling (1981), Kenzo Tange (1987), Oscar Niemeyer (1988), Aldo Rossi (1990), Álvaro Siza (1992), Rafael Moneo (1996), Norman Foster (1999), Zaha Hadid (2004) ou Thom Mayne (2005).

Palabras veciñas

pritanía | prítano -na | Pritchett, Victor Sawdon | Pritzker, Premio | privacidade | privación | privado -da