privilexiado -da
privilexiado -da
(
-
p reg
de privilexiar.
-
adx e s
Que ou quen goza dun privilexio, dunha preferencia ou dunha vantaxe.
Ex: Son xente privilexiada. A iso só poden acceder os privilexiados.
-
adx
Que é moi bo ou que destaca entre os da súa clase.
Ex: Ten unha intelixencia privilexiada.
-
adx e s
[HIST]
Aplícase á persoa ou grupo social que gozaba de certas prerrogativas ou exencións tributarias no Antigo Réxime. Foi o caso dos membros do estamento militar e do patriciado urbano, que gozaban de privilexio nobiliario, ou os eclesiásticos, que gozaban de privilexio clerical e privilexio de foro.