pro-

pro-

(

  1. pref
    1. Forma prefixada de orixe latina, xa produtiva nesta lingua, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘en lugar de’, ‘en vez de’.

      Ex: pronome.

    2. Forma prefixada de orixe latina, xa produtiva nesta lingua, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ante’, ‘diante de’.

      Ex: prólogo.

    3. Forma prefixada de orixe latina, xa produtiva nesta lingua, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘anticipación ou movemento cara a adiante’.

      Ex: propulsión.

    4. Forma prefixada de orixe latina, xa produtiva nesta lingua, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘anticipación‘, ‘previsión’.

      Ex: procura.

    5. Forma prefixada de orixe latina, xa produtiva nesta lingua, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘en público’.

      Ex: proclamar.

  2. pref

    Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘en favor de’.

    Ex: profeminista.