probabilismo
probabilismo
(< probabilidade)
-
s
m
[FILOS]
Doutrina que nega a posibilidade de alcanzar a verdade, polo que establece a opinión máis probable como a equivalente á certa. Desenvolveuse no seo das academias mediana e nova por Arcesilao de Pitana, Carnéades e Filón de Larisa, entre outros. Modernamente apareceu unha nova variedade, relacionada coa teoría e a filosofía da ciencia (Gaston Bachelard). Tamén se coñeceu co nome de plausibilismo (Émile Meyerson).
-
s
m
[RELIX]
Doutrina moral, desenvolvida no s XVII, sobre todo polos xesuítas, seguindo ao dominicano Bertomeu Medina (1528-1580), segundo a que é posible seguir unha opinión probable en cuestións éticas, aínda que exista outra opinión máis probable. Relaciónase coa casuística e co probabiliorismo.