problema
(
-
s
m
[MAT]
Cuestión en que, partindo duns datos coñecidos, hai que chegar a uns resultados que poden ser de natureza moi diversa. Cabe distinguir, na matemática, os problemas de cálculo, os de construción e os de demostración. Nos problemas de cálculo é posible que por analoxía con outros xa coñecidos poidan aplicarse unhas regras que leven directamente á solución. Cando estas regras non son doadas de descubrir recórrese a expresar alxebricamente as condicións do enunciado (ecuacións), que se se poden resolver, levan á solución do problema, e se son incompatibles aseguran que o problema proposto non ten solución. Nos problemas de construción pídese xeralmente unha figura xeométrica que cumpra certas condicións. Un paso esencial na súa resolución é a elección oportuna da incógnita ou elemento auxiliar que tratará de determinarse en primeiro lugar. Nos problemas de demostración, o enunciado xa indica as premisas e a conclusión, faltando unha cadea de razoamentos que leve dunhas ás outras. Hai problemas que foron enunciados e levan pendentes de resolución moitos séculos, como a cuadratura do círculo e a trisección do ángulo, que xa foron enunciados polos gregos. As ecuacións de terceiro grao (s XVI) e a teoría das sucesións (s XIX), precisaron e resolveron estes problemas.
-
s
m
Cuestión ou dificultade que hai que resolver ou aclarar.
Ex: Preocúpanos o problema das drogas.
-
s
m
Feitos ou circunstancias que dificultan algo.
Ex: Tivemos moitos problemas para atopalo.
-
s
m
Desgusto ou preocupación.
Ex: Non quero ter problemas e vivir tranquilo.