próclise

próclise

(< pro- + gr κλἱσις ‘inclinación’)

s f [LING]

Fenómeno gramatical polo que un elemento lingüístico átono se une ao seguinte, que leva o acento dominante e co que forma unha única unidade fónica. Por exemplo, en galego, o pronome sitúase proclítico cando antes do verbo hai unha frase que contén, por exemplo, o cuantificador todo (todo lle molesta).