Programa INTERREG
Programa INTERREG
Iniciativa da Unión Europea levada a cabo por un programa que ten como obxectivo reforzar a cooperación interrexional e transfronteiriza entre os seus estados membros e mellorar a eficacia das políticas e dos instrumentos de desenvolvemento rexional, grazas ao intercambio de información e experiencias a grande escala. Tratou de desenvolver e dinamizar as zonas rurais, baseouse na conquista das actividades agrarias, a potenciación dos recursos do patrimonio natural, histórico, arquitectónico e cultural e a diversificación das actividades socioeconómicas dentro dun marco de colaboración e cooperación. Financiouse co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).