Proletkul’t
Proletkul’t
Organización artística e cultural, creada en 1917, que pretendía crear unha nova cultura, a proletaria, fronte á burguesa. O seu órgano Proletar’skaja kul’tura (Cultura Proletaria) publicou os artigos de A. Aleksandrovič Bogdanov, o inspirador e teórico máis destacado do movemento. Sostido por Lunakarskij, creceu moi rapidamente dentro e fóra da URSS. Comezou a súa decadencia a finais de 1920 e desapareceu en 1932. Integrábana, ademais de Bogdanov, os teóricos Pletnev, F. Kalinin e P. Bessal’ko, e os escritores e poetas V. Aleksandrovskij, V. Kirilov, V. Kazin, M. Gerasimov, A. Gastev e A. Sannikov.