promesa
(< lat promissa, pl depromissu)
-
s
f
Acción de prometer ou prometerse.
-
[DER]
-
s
f
Compromiso para realizar un acto ou contraer unha obriga.
-
promesa de contrato
Compromiso mutuo con vista a un contrato futuro que, por carencia de datos concretos ou por algún impedimento legal transitorio, aínda non se pode celebrar.
-
s
f
-
s
f
-
[RELIX]
Ofrecemento feito a Deus ou a un santo de facer unha obra piadosa, condicionado ou non á obtención dunha graza.
-
[DER/RELIX]
Compromiso dun novizo de ligarse a unha comunidade relixiosa e a cumprir a súa regra e constitucións.
-
[RELIX]
Obxecto ofrecido en cumprimento dunha promesa.
Confrontacións: exvoto.
-
[RELIX]
-
s
f
Persoa ou cousa que promete polas súas calidades.
Ex: Converteuse nunha promesa da pintura.
-
fillos da promesa
[RELIX]
Todos os que teñen fe, por oposición aos descendentes naturais de Abrahám, sexan xudeus ou non, que son froito dunha bendición (como Isaac), segundo san Paulo.
Refráns
- A pobre non proQletas, e a rico non debas.
- Antes • que prometas, mira como has cumplir o que prometes.
- Cousa prometida é medio debida.
- Cousa prometida é medio debida; e debida enteiramente, se, quen prometeu, non mente.
- En Labrada, canto din hoxe, mañá non é nada.
- Fidalgo de mala morte, o que di pola mañá non o cumpre pola noite.
- Máis vale un favor feito, que cen apalabrados.
- Máis vale un toma que dous che darei.
- MeUor é non prometer, que prometer e non facer.
- Ninguén diga Farei larei, que máis vale un toma que dous che darei.
- Non é o mesmo predicar que dar trigo.
- O home, pola palabra; e o boi, pola coma.
- O que colle a angula polo rabo e a muller pola palabra, faga de conta que non colleu nada.
- Ofrecer e non dar, aos tolos fai alegrar.
- Palabras e plumas, o vento as leva.
- Por prometer ninguén chegou a empobrecer.
- Prometér ata meter e, despois de metido, nada do prometido.
- Prometer e dar, a calquera fai alegrar.
- Prometer é véspera de dar ou de mal quedar.
- Quen promete, en débeda se mete.