pronunciamento
(
-
s
m
Acción de pronunciarse sobre algo.
Ex: Pedíronlle o seu pronunciamento en favor ou en contra da guerra.
-
s
m
[DER]
-
Acción de pronunciar unha sentenza ou unha decisión.
Ex: Escoitou indiferente o pronunciamento da sentenza.
-
Resolución das varias que comprende unha sentenza ou decisión xudicial.
-
-
s
m
[BÉL/POLÍT]
Acción que un grupo militar executa contra un goberno para derrocalo ou para alterar o sentido da súa política. É de menos volume ca a rebelión e a guerra civil, adoita producir poucas vítimas e ten que triunfar ou fracasar nun espazo moi breve de tempo. Os pronunciamentos comandados por xenerais ou xefes importantes benefícianse do funcionamento da estrutura da institución militar. En España considérase que o primeiro pronunciamento foi o de F. Espoz y Mina en 1814. Posteriormente, ao longo do s XIX, tiveron lugar outros, entre os que destaca o de Sagunt de 1874, en Galicia destacaron os de J. Porlier (1815) e Acevedo (1820) e o Levantamento de 1846 que rematou cos fusilamentos de Carral.