propiedade
(
-
-
s
f
Calidade esencial e característica de algo.
Ex: A melisa ten propiedades medicinais. Estudan as propiedades físicas do granito.
-
s
f
Calidade de propio, que convén exactamente a aquilo que se quere representar ou expresar.
Ex: Debes falar con máis propiedade.
-
propiedade coligativa
[QUÍM]
Propiedade dunha disolución que depende da natureza do disolvente e da concentración do soluto, máis que da natureza deste último. As propiedades coligativas son: o descenso relativo da presión de vapor, o descenso do punto de conxelación, o aumento do punto de ebulición e a presión osmótica.
-
s
f
-
[DER]
-
s
f
Dereito de gozar e dispor dunha cousa, sen máis limitacións ca as que están establecidas nas leis. Poden ser obxecto de propiedade todas as cousas corporais, mobles ou inmobles, os bens e os dereitos patrimoniais. O dereito vixente en España prevé limitacións baseadas no interese privado, como as relacións de veciñanza.
-
s
f
Cousa posuída, especialmente se é inmoble.
Ex: A obra é propiedade de autor. Tiña unha propiedade en Vilafranca.
-
núa propiedade
Propiedade que ten unha persoa ou propietario nu sobre un ben sen ter deste o usufruto, outorgado a outra persoa denominada usufrutuario.
-
propiedade horizontal
Dominio, nunha comunidade de veciños, de cada un dos diferentes pisos ou locais por persoas distintas, e propiedade conxunta dos elementos comúns como o terreo, as escaleiras, os ascensores, ou a portaría.
-
propiedade industrial
Dereito que ten o inventor ou creador de procedementos, modelos ou debuxos industriais e o que adopta ou patenta nomes, marcas ou rótulos industriais ou comerciais, para explotalos de forma exclusiva.
-
propiedade intelectual
Conxunto de facultades que a lei lle concede ao autor dunha obra científica, artística ou literaria, en canto ao poder exclusivo de publicala, modificala, explotala economicamente e dispor dela de calquera maneira. Este dereito non se xeneralizou ata finais do s XIX e varía segundo a lexislación de cada estado.
-
s
f
-
s
f
[FILOS]
Calidade que, na lóxica e ontoloxía tradicionais (aristotelismo, neoplatonismo e escolástica), non se pode identificar como simplemente esencial nin como simplemente accidental, pero que pode ser afirmada como propia de diversos suxeitos e predicada necesariamente deles.
Refráns
- Á casa de moitos donos nunca lle faltan pingueiras.
- A casa ten o que lle poñen.
- A castaña que está no camiño é do veciño.
- A mellor casa é a miña, anque sexa pequeniña.
- A terra allea queima.
- Ata que morre o arrieiro non se sabe de quen é a recua / de quen son as bestas.
- Ben está o paxariño no seu niño.
- Ben vai a vella na burra, cando é súa.
- Burro de moitos cómeno os lobos.
- Cada can lambe o seu.
- Cada un na súa casa sabe o que ten.
- Cada un pode facer da súa capa un saio.
- Casa, a que vivas; terras, as que labres; viñas, as que plantes.
- Casa, na que vivas; viña, da que bebas; rendas, as que poidas; terras, as que vexas.
- Casas, cantas mores; viñas, cantas por ti podes.
- Con diñeiro e facenda allea ninguén se deita con cea.
- Cousa de moitos cómena os lobos.
- Cousa de moitos lévana os diaños.
- Cunea de moitos, ben lambida e mal lavada.
- Eira ou cociña sempre a miña.
- Lareira, como sexa; pero o mellor é tela.
- Máis vale acea parada que muiñeiro amigo.
- Máis vale fume da miña cheminea que fume da allea.
- Máis vale teño un ichavo, que empréstame un carto.
- Máis vale ter que cobizar.
- Mellor é meu que teu.
- Na casa allea o que ben se está, ben se estea.
- Na miña terra o meu haber me honra, na terra de afora abóname a roupa.
- Ninguén turra do rabo do poldro coma o seu dono.
- O poldro, antes teu que de outro.
- O que é do común, é de todos e non é de ningún.
- O que está no camiño é do veciño.
- O que serve ao común non serve a ningún.
- O que traballa a súa terra nunca terá moita perda.
- Obra de un, obra de ningún.
- Ovella de moitos cómena os lobos.
- Pan alleo pouco engorda.
- Pan de panadeira e viño de taberna nin farta nin goberna.
- Para o bo varón as terras como as súas.
- Parceiría, coa muller; e, ás veces, inda hai que se ver.
- Quen pequena leira ten, a pasos a mide.
- Quen serve ao común, non serve a ningún.
- Quen ten terra, ten sol.
- Se queres saber o que valen os poldros, vende os teus e merca os doutros.
- Se queres telo, teno.
- Tanto vales, canto tes.
- Tanto vales, como tes; se non tes máis ca cen reás, non máis de cen valerás.
- Ten de teu e fai por ter, que tarde ou cedo ao teu has de volver.
- Torto ou dereito, a nosa casa ata o teito.
- Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida.
- Val quen ten -din as campás de Toén.
- Vale máis fume da miña casiña que lume da veciña.
- Vale máis ser arrieiro dunha besta que criado dunha recua.
- Vale máis ter libros de conta, que conta de libros.