proselitismo
proselitismo
(< prosélito)
s
m
[RELIX/SOCIOL]
Celo esaxerado ao facer prosélitos. Á parte do significado particular que ten no xudaísmo, pode aplicarse a todas as relixións que buscan unha difusión alén das comunidades sociais que as practican. O termo é aplicado a calquera doutrina filosófica ou política, e mesmo pode ter un sentido pexorativo.