prospectiva

prospectiva

(< prospectivo)

s f

Ciencia que estuda o futuro para comprendelo e influír nel. Consiste nunha actitude mental positiva, con vista á acción, e diferénciase da futuroloxía no feito de que non pretende facer prognósticos. Tamén se distingue da previsión, coa que se complementa, en que esta considera o futuro inmediato partindo dos precedentes, analoxías e extrapolacións. Aspira a descubrir feitos do futuro mediante os métodos e o rigor da actividade científica, e aplícase a todo tipo de problemáticas e de empresas; dela son exemplo as reunións internacionais e os informes do Club de Roma.