prostitución
(< latprostitutĭōne)
-
s
f
[SOCIOL]
Acción e efecto de prostituír ou de prostituírse.
-
s
f
[SOCIOL/DER]
Práctica de acordar, de forma habitual e profesional, o mantemento de relacións sexuais con finalidade de lucro. A sociedade occidental rexeitou este tipo de prácticas, mentres que outras, sobre todo asiáticas, non. Tamén existiu unha prostitución sagrada en todo o Oriente antigo. En Babilonia e Oriente Medio exercíase nos templos de Astarte e Marduk como rito de fecundidade, e en India existen as danzarinas, que viven nos templos. Fóra do campo sagrado, existía en Grecia a institución refinada das heteras. Os primeiros movementos en favor das prostitutas iniciáronse en EE UU a finais do s XIX, e posteriormente algúns movementos feministas reivindicaron os seus dereitos laborais e sindicais. En España foron prohibidas por decreto as casas de prostitución (1956), pero non o exercicio do tráfico ilícito. A tendencia lexislativa foi xeralmente a de abolir o uso, aínda que a inoperancia dos decretos e as persecucións aconsellaron limitarse a unha regulación administrativa con vista ao control, a hixiene e a rehabilitación das prostitutas. Pola contra, a súa explotación e fomento (proxenetismo e rufianismo) entran no campo delituoso, e está tipificado no Código Penal.
Refráns
- Amor de rameira e viño de tarro, á mañá bo e a tarde malo.
- Breva verde e moza de mesón apalpándoas veñen a maduración.
- Moza de mesón non dorme sono con sazón.
- Moza pobre e ben vestida, mal me cheira a chamusquina.
- Muller que moito se arremanga é unha maturranga.
- Quitar das faldras e poñer nas mangas, esas son maturrangas.