prótase

prótase

(

  1. s f [LING]
    1. Primeira parte do período dunha oración simple, que está completada pola segunda. Por exemplo: Pouco a pouco, énchese a pía, en que pouco a pouco é a prótase.

    2. Primeira parte dunha oración composta, que se completa coa oración principal (O que me dis non me gusta nada, en que O que me dis é a prótase). Úsase sobre todo nas oracións condicionais para representar a oración subordinada condicional que se completa coa principal (apódese): Se queres (prótase), iremos (apódose).

  2. s f [LIT]

    Primeira parte dun drama ou poema narrativo, onde se expón o argumento.

Palabras veciñas

protaminase | protanopsia | protargol | prótase | Protasio | Protasio, san | protático -ca