protease

protease

(< prot- + -ase ‘enzima’)

s f [BIOQ]

Hidrolase que cataliza a abertura do enlace peptídico e que actúa como fermento dixestivo nos intestinos. Clasifícanse en exopeptidases (ou propiamente peptidases), cando hidrolizan a partir dun extremo da cadea peptídica; e endopeptidases (ou proteinases), cando hidrolizan en lugares determinados do medio da cadea polipeptídica.