protector -ra

protector -ra

(< lat protectōre)

    1. adx

      Que ou quen protexe.

      Ex: Instalaron un sistema protector contra incendios. Púxolle un protector ao colchón. É un infatigable protector dos dereitos humanos.

    2. protector das canelas [port: caneleira; cast: espinillera; ingl: shinpad] [DEP]

      Peza empregada na práctica dalgúns deportes, como o fútbol ou o hockey, para protexer as canelas.

    3. protector de pantalla [INFORM]

      Peza que se acopla á pantalla dun ordenador e que serve para evitar que as radiacións que produce afecten á vista.

  1. adx e s m [ALIM]

    Aplícase aos alimentos que, como o leite, a froita ou as hortalizas, son ricos en substancias (sales minerais, oligoelementos ou vitaminas) que interveñen, xeralmente formando parte de sistemas enzimáticos, na regulación de procesos metabólicos.

  2. s m pl [HIST]

    Garda persoal do emperador durante o Baixo Imperio Romano.

  3. grupo protector [QUÍM]

    Grupo funcional no que se transforma, nunha síntese orgánica, un grupo funcional orixinal non estable nas condicións da secuencia descrita.

  4. lord protector [HIST]

    Título do rexente de Inglaterra e Escocia entre os ss XV e XVII. O primeiro en levalo foi Oliver Cromwell.