Proterozoico

Proterozoico
s m [ESTRATIG]

Termo empregado para designar a parte máis moderna do Precámbrico, que se considera que vai desde o -2.500 ata o -590 millóns de anos. É a parte do Precámbrico máis coñecida, da que se ten noticia de máis número e variedades de fósiles, malia que seguen sendo moi escasos. En conxunto, non permiten establecer a bioestratigrafía a causa da súa aparición absolutamente excepcional.