protobranquio -quia
protobranquio -quia
(< proto- + branquia)
-
adx
Relativo ou pertencente aos protobranquios.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco da subclase dos protobranquios.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Subclase de moluscos bivalvos coas branquias con forma de peite, só encargadas das funcións respiratorias, polo que a captura do alimento se efectúa por medio dos tactos labiais. Tamén se denominan taxodontes, porque a charneira da cuncha ten dentes máis ou menos numerosos e similares, e dimiarios, por posuír case sempre dous músculos adutores.