protodórico -ca

protodórico -ca

(< proto- + dórico)

  1. adx [ARQUIT]

    Aplícase á columna exipcia co fuste estriado.

  2. adx [ARQUIT]

    Aplícase á arquitectura grega anterior ao s V a C que, polas súas formas e tipoloxía, se caracteriza polo emprego da columna con fuste liso, ás veces acanalado, con base en forma de disco ou cuadrangular e cun capitel formado por un equino groso e un ábaco.

Palabras veciñas

protocordado -da | protoctista | protoderma | protodórico -ca | protoestrela | protoevanxeo | protofilo