protuberancia

protuberancia

(

    1. s f

      Parte dun corpo ou dunha superficie que avulta ou sobresae.

      Confrontacións: prominencia.
    2. s f [ZOOL]

      apófise.

    3. protuberancia anular

      Parte intermedia entre o bulbo, os pedúnculos cerebrais e o cerebelo. Ocupa a parte anterior e superior da fosa cranial inferior, entre o cerebelo e a canle basilar. OBS: Tamén se denomina protuberancia cerebral ou nó do encéfalo.

  1. s f [ASTRON]

    Fonte de gas que se orixina na cromosfera solar e que se propaga dentro da coroa ata alcanzar alturas de varios milleiros de quilómetros. Clasifícanse en eruptivas, son bastante brillantes e fórmanse nas rexións das manchas solares, e a súa altura pode chegar a ser duns 40.000 km; e quiescentes, tamén denominadas filamentos, menos brillantes, desenvólvense lentamente e poden durar menos, e a súa altura é aproximadamente de 75.000 km.