provincialismo

provincialismo

(

  1. s m

    Afección ou preferencia polos usos ou costumes da provincia.

  2. s m

    Exaltación da afección política á provincia.

  3. s m [POLÍT]

    Doutrina que propugna as prerrogativas políticas da provincia fronte ao poder central do estado. Propio do federalismo e do anarquismo, tamén os rexionalistas e nacionalistas o consideraron un primeiro paso histórico para a afirmación da propia autonomía. En Galicia comprende, aproximadamente, o período de 1840 a 1885, no que se defenderon as prerrogativas políticas de Galicia, entendida esta como unha unidade política diferenciada, o antigo Reino de Galicia, fronte ao poder central do estado liberal. Na primeira fase do provincialismo destacaron os membros da chamada Xeración do 46: A. Faraldo Asorey, A. Romero Ortiz, P. Rodríguez Terrazo e F. Añón Paz, entre outros, que tiñan como ideal o republicanismo federal. A renovación xeracional desenvolveu nas décadas de 1850 e 1860 un segundo provincialismo, caracterizado polo rexurdimento literario, que culminou coas obras de Rosalía de Castro, E. Pondal e M. Curros Enríquez e polo desenvolvemento teórico e ideolóxico do movemento, no que destacaron as achegas de Murguía coa formulación das bases do concepto de nación para definir Galicia. Despois de 1868 desenvolvéronse as ideas federalistas co Partido Republicano Democrático Federal de Galicia.

  4. s m [LING]

    Xiro ou palabra propio dunha provincia.

    Confrontacións: dialectalismo.