proxesterona
proxesterona
(< pro- + xest[ación]+ester[ol] + -ona)
s
f
[BIOQ]
Esteroide con actividade de hormona sexual feminina, illado por primeira vez por Butenand en 1934 a partir de extractos do corpo lúteo de porcas preñadas. É unha hormona gonadotropa, que estimula a produción de estróxeno nos folículos de Graaf e a formación de testosterona nas células intersticiais dos testículos. Ten aplicacións médicas na preparación para a fecundación do epitelio vaxinal, a mucosa cervical e o endometrio, e tamén no mantemento do embarazo.