psicódido -da

psicódido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos psicódidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos psicódidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos dípteros, da suborde dos nematóceros, de 2 a 3 mm de lonxitude, antenas compostas por 16 segmentos finos, ás moi veludas que se pregan en forma de tellado sobre o corpo cando se pousan. Crían en lugares húmidos, como gretas, covas ou adegas con materia orgánica en descomposición, da que se alimentan as larvas. Son de hábitos nocturnos e frecuentes nas noites de verán.