ptolemaico -ca
(< antropónimo Ptolomeo < grΠτολεμαῐος)
-
[HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía dos Ptolomeos.
Sinónimos: láxida. -
s
Membro da dinastía dos Ptolomeos que gobernaron en Exipto desde o 323 a C ata o 30 a C. Fundada por Ptolomeo I Soter, xeneral de Alexandre o Grande, os seus descendentes gobernaron Exipto durante o período helenístico posterior á morte de Alexandre e ata a Batalla de Accium (30 a C), cando Exipto se converteu en provincia romana e foi asasinado o último dos seus membros, Ptolomeo XV ou Cesarión (44-30 a C).
Sinónimos: láxida.
-
adx
-
[ASTRON]
-
adx
Relativo ou pertencente a Claudio Ptolomeo ou as súas teorías.
-
sistema ptolemaico
Modelo xeocéntrico do sistema solar, que explica os movementos aparentemente complicados dos planetas. Establece que a Terra está inmóbil, no centro do Universo, e a Lúa, o Sol, os planetas e as estrelas xiran ao seu arredor. Neste modelo suponse que cada planeta percorre unha órbita circular, denominada epiciclo, que do seu centro, C, parte unha circunferencia centrada con respecto á Terra, denominada deferente. A Lúa, Mercurio e Venus describen un epiciclo que no seu centro percorre a deferente nun ano. O Sol percorre unha circunferencia lixeiramente excéntrica ao redor da Terra. Marte, Xúpiter e Saturno describen o seu epiciclo nun ano. Este sistema foi substituído primeiro por outro que incorporaba o ecuante, e despois polo sistema mixto de Tycho Brahe e, posteriormente, polo sistema heliocéntrico de Mikolaj Kopernik.
-
adx