Ptolomeo II
Ptolomeo II
Filadelfo (Cos 308 a C - 246 a C) Rei de Exipto (285-246 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo I. O éxito contra os seléucidas Antíoco I (280-261 a C) e Antíoco II (261-246 a C) converteu Exipto na primeira potencia naval do Mediterráneo. Con el, a dinastía ptolemaica chegou ao seu cume.