publicación

publicación

(< latpublicatĭōne)

  1. s f

    Acción de publicar.

  2. s f

    Obra ou escrito publicado.

  3. [DER]
    1. publicación de leis

      Acto legal polo que o texto das leis promulgadas chega ao coñecemento do público, xa sexa por unha proclamación solemne oral, xa pola aparición nas publicacións periódicas oficiais, sendo un requisito esencial para a existencia da norma legal. O período entre a publicación e a entrada en vigor da lei, vacatio legis, é de vinte días, se non se menciona outro prazo. En España son publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) e en Galicia no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOE, contando como data para a súa entrada en vigor a do DOG.

    2. publicación de sentenza

      Acto legal de recepción do veredito polo público, que indica que se fai efectivo para as partes e para terceiros. A publicación faina o xuzgado que a ditou, léndoa en audiencia.

Palabras veciñas

Pubill Calaf, Pedro | publicábel | publicable | publicación | publicano | publicar | publicata