Puebla

Puebla

Estado de México, situado no extremo oriental de Mesa de Anahuac, que constitúe un gran val bordeado de serras (33.902 km2; 5.076.686 h [2000]). A súa capital é Puebla. Ao L están as altitudes de Cofre de Perote (4.110 m), o Orizaba (5.700 m) e o Ocelotín. O gran val de Puebla presenta altitudes medias de 2.000 m e os conos volcánicos (Malintzin, 4.440 m) pechan a horizontalidade do val. Destaca tamén o volcán Popocatépelt (5.452 m). O clima é frío e seco no interior e tropical húmido nas vertentes orientais e na depresión de Las Balsas. É un estado agrícola e un dos maiores produtores de millo e cana de azucre. Na época precolombina estivo dominado polos totonacas e os tlaxcaltecas, pobos que, por inimizade co azteca, se aliaron con Hernán Cortés (1519). Convertido en provincia de México desde 1538, coa independencia converteuse en estado da federación mexicana (1824).