Pulkovo, observatorio
Pulkovo, observatorio
[ASTRON]
Observatorio astronómico situado nas proximidades de San Petersburgo. Foi fundado en 1839 e dispuña dun telescopio refractor de 38 cm que foi durante moitos anos o máis grande do mundo. En 1878 construíuse outro de 78 cm. Destruído durante a Segunda Guerra Mundial, puidéronse salvar as lentes dos telescopios e, acabada a guerra, o observatorio foi reconstruído.