pulmonado -da

pulmonado -da

(< pulmón)

  1. adx

    Que ten pulmóns.

  2. [ANIMAL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos pulmonados.

    2. s m

      Molusco da subclase dos pulmonados.

    3. s m pl

      Subclase de moluscos, da clase dos gasterópodos, que comprende individuos cunha cuncha espiralada, moi feble e delgada, que ás veces pode mesmo desaparecer. Son maioritariamente herbívoros, e nalgunha ocasión en ocasión carnívoros. Habitan en auga doce e algúns, moi poucos, en auga salgada, pero moitos (caracois, lesmas e outros) son totalmente terrestres, aínda que prefiren as zonas húmidas.

Palabras veciñas

pullover* | pulmoeira | pulmón | pulmonado -da | pulmonar | Pulmonaria | pulmonía