puntaría

puntaría

(< punteiro)

  1. s f

    Acción de apuntar unha arma para que o proxectil dea no obxectivo.

    Ex: Apoiou o brazo para facer puntaría.

    Sinónimos: puntería.
  2. s f

    Dirección que se lle dá a unha arma ao apuntar.

    Ex: Tras o primeiro disparo rectificaron a puntaría.

    Sinónimos: puntería.
  3. s f

    Destreza ou habilidade do tirador para acertar no albo.

    Ex: Ten moita puntaría co arco.

    Sinónimos: puntería.

Palabras veciñas

Puntal, O | Puntallana | Puntarenas | puntaría | punteado -da | puntear | punteira