punteiro
(
-
s
m
Barra de ferro rematada en punta que se utiliza para furar, picar ou facer marcas.
Confrontacións: cicel. -
s
m
Pau ou vara longos que se utilizan para sinalar.
-
s
m
Agulla do reloxo.
-
s
m
[MÚS]
Parte da gaita en que se produce a melodía ao modificar o son da palleta mediante uns furados que se corresponden coas notas da escala melódica. Consiste nun tubo cónico de madeira, a diferenza dos orientais europeos que son cilíndricos. A parte inferior é acampanada e a superior remata nun espigo que se insire na buxa do punteiro e no que vai colocada a palleta. A lonxitude varía dependendo da tonalidade, e así os máis longos dan notas máis graves e os máis curtos notas agudas. Existen tres tipos tradicionais de punteiros dependendo da súa afinación: o punteiro tumbal, afinado en si grave, o punteiro redondo, afinado en do, e o punteiro grileiro, afinado en re. Ten dez ou once furados: oito melódicos e os outros precísanse para a boa sonoridade.
-
s
m
[INFORM]
Icona, xeralmente en forma de frecha, que sinala na pantalla do monitor a posición do rato.