puntillismo

puntillismo

(< punto)

  1. s m [ARTE]

    Técnica artística que consiste en xustapoñer sobre o lenzo pequenos puntos de cores puras de xeito que, contemplado desde certa distancia, as cores quedan fundidas no ollo do observador e forman a imaxe. Foi unha técnica utilizada polos neoimpresionistas, baseada na teoría do divisionismo.

  2. s m [MÚS]

    Técnica de composición musical, empregada por Webern, que disgrega totalmente os deseños temáticos, no discurso musical, e emprega notas illadas ou grupos de notas.

Palabras veciñas

puntiforme | puntilla | puntilleira | puntillismo | puntillista | Puntillón, O | Puntillón, O