Purim
Purim
sing
Festa xudía celebrada o 14 e 15 do adar (os primeiros días de marzo), en conmemoración da data en que se salvaron da matanza decretada por Hamán, nunha data elixida a sorteo por el mesmo, en tempos do Rei Asuero. O día anterior á festa faise xaxún. Durante a celebración lese o libro de Ester onde se relatan os feitos, cómense doces, realízanse representacións de relatos bíblicos, os nenos disfrázanse e intercámbianse regalos, que se envían aos pobres.