Python
Python
[ANIMAL]
Xénero de réptiles da familia dos boidos, de tamaño variable, de 1,5 a 12 m, segundo as especies, ao igual que a coloración, que en xeral é entre gris parda con manchas amarelas e raias negras. Non son velenosas e matan por asfixia. Distribúense por case toda África e o S e L de Asia.