Paio

Paio
[ONOM]

Antropónimo masculino que procede do latín Pelagius, e este do grego Pelagios ‘mariño, home de mar’, derivado de pélagos ‘mar’. Puido confluír tamén o antigo Paladio, vinculado á deusa Palas Atenea. Presenta a variante Pai. San Paio é patrón do concello da Estrada e a súa festividade celébrase o 26 de xuño. Outras festas documentadas son o 13 de xuño (O Puxedo, Lobios), o 29 de xullo (San Paio dos Pitos, Ramirás), o 24 de agosto (Tiobre, Betanzos) e o 8 de outubro (Fisterra). Ten dedicadas catro parroquias na diócese de Tui--Vigo, dez en Santiago de Compostela, once en Ourense, quince en Lugo e tres en Mondoñedo-Ferrol.