papila

papila

(

  1. s f [BOT]
    1. Tricoma de forma cónica ou dentiforme constituído pola excrecencia dunha célula epidérmica.

    2. Protuberancia de pequeno tamaño.

  2. [ANAT]
    1. s f

      Pequena eminencia que se forma baixo a epiderme e na superficie de certas mucosas por ramificacións nerviosas e vasculares.

    2. papila lingual

      Cada unha das elevacións do dorso da lingua, de forma e distribución diferentes e de función gustatoria e mecánica.

    3. papila óptica

      Rexión da retina que corresponde á saída do nervio óptico e dos vasos do ollo.

  3. papila anal [ZOOL]

    Cada un dos lóbulos abdominais que teñen algúns artrópodos situados ao pé do orificio da posta de ovos, enriba do cal está o ano.

Palabras veciñas

Papías | Papías, san | papier collé* | papila | papilar | papiledema | papiliforme