Perseverancia, La
Perseverancia, La
[PUBLIC]
Xornal publicado en Pontevedra a partir do 2 de marzo de 1859. Cesou un ano despois. Subtitulouse “Periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales”. Dirixido por Manuel A. Couto, saíu dúas veces á semana. Defendeu a idea de Galicia pero afastada do provincialismo. Incluíu colaboracións literarias.