polispasto
polispasto
(< lat polyspaston < gr πολύσπαστον)
s
m
[TECNOL]
Sistema formado por dous grupos dunha ou máis poleas cada un, un fixo e outro móbil, que permite, ao multiplicar a forza aplicada a un cable, a unha cadea ou a unha corda, manual ou mecanicamente por accionamento eléctrico (mediante un motor) ou pneumático (mediante pistóns ou ben un motor), elevar cargas con menos esforzo -proporcionalmente ao número de poleas do grupo móbil- do que cumpriría.