Pope, El
Pope, El
[PUBLIC]
Publicación editada en Vigo a partir de 1973. Subtitulado “Portavoz periódico de Galicia”, foi o sucesor de El Portavoz Gallego e El Portavoz, todos eles creados por un grupo de xornalistas dirixidos por Víctor Martínez de las Heras. O nome da cabeceira xurdiu como un xogo de palabras coa primeira sílaba de Portavoz e Periódico, e tamén como unha referencia irónica ao sacerdote ortodoxo. De carácter informativo, boa parte do contido estaba dedicado a información municipal.