POVISA
POVISA
Nome científico:
[Policlínico de Vigo SA]
Hospital privado situado en Vigo. Creado a finais da década de 1960 por un grupo de médicos especialistas, inaugurouse en 1973. Ideado como unha clínica para determinadas especialidades, acadou os servizos propios dun grande hospital, con áreas especializadas en queimados, alerxias, cardioloxía ou medicina nuclear. Asinou acordos co Instituto Social de la Marina e o Insalud, e desde 1995 mantén un concerto co SERGAS. Desde 1996 pertence ao Grupo Nosa Terra. En 1991 creouse a Escola Universitaria de Enfermaría, adscrita á Universidade de Vigo, e en 1996 implantou ciclos de grao medio e superior de Formación Profesional. Ademais, realiza actividades formativas e científicas.