produtividade

produtividade

(< produtivo)

  1. s f

    Calidade de produtivo.

  2. [ECON]
    1. s f

      Relación entre a produción obtida e os factores empregados para obtela nun período de tempo determinado.

    2. produtividade marxinal

      ariación da cantidade producida debida á modificación dunha pequena cantidade do input variable.

    3. produtividade media/unitaria

      Cantidade de output correspondente a cada unidade de input empregada no proceso produtivo.

  3. s f [ECOL]

    Produción de biomasa dun organismo, dunha poboación ou dunha comunidade, por unidade de tempo.