pulso

pulso

(< lat pulsu)

  1. [FISIOL]
    1. s m

      Expansión e contracción arteriais que se poden percibir co dedo cando se apalpa unha arteria superficial.

      Sinónimos: pulsación. Confrontacións: palpitación.
    2. s m

      Sucesión das pulsacións arteriais cun número no adulto que oscila entre 65 e 75 por minuto. É a manifestación das variacións de presión creadas polo fluxo de sangue desde o corazón á aorta, que se transmiten a todas as arterias en forma de onda. A súa amplitude depende da diferenza entre a presión sistólica e a diastólica, e pode ser pequena (pulso parvus) ou estar aumentada (pulso saltón ou de Corrigan).

    3. pulso alternante

      Pulso caracterizado por unha sucesión regular, integrada por unha pulsación normal e unha débil, causada xeralmente por unha insuficiencia do miocardio.

    4. pulso bixémino

      Pulso caracterizado pola sucesión rápida de dúas pulsacións seguidas dunha pausa, debido ás extrasístoles que se observan na intoxicación por dixital.

    5. pulso celer

      Pulso típico da insuficiencia aórtica, caracterizado por unha onda esfigmográfica moi alta de ascenso e de descenso súbitos, debido á gran diferenza entre as presións máxima e mínima.

    6. pulso dicrótico

      Pulso cunha onda palpable despois da elevación normal de cada pulsación.

    7. pulso filiforme

      Sensación que dá o pulso fino, parecido a un fío ondulante.

    8. pulso frecuente

      Pulso que latexa máis veces por unidade de tempo ca o que é normal.

    9. pulso paradoxal de Kussmaul

      Pulso que se fai débil ou desaparece nas inspiracións profundas, inversamente ao que ocorre en estado normal; é propio de hemorraxias pericárdicas ou alteracións do mediastino, entre outras afeccións.

    10. pulso venoso

      Conxunto de pulsacións observadas nunha vea, especialmente na xugular externa.

  2. s m [ANAT]

    Parte da extremidade superior, entre o antebrazo e a man, que comprende a rexión do carpo.

  3. s m

    Seguridade ou firmeza da man para realizar algo que require precisión.

  4. s m

    Competición que se realiza entre dúas persoas que, colocadas unha fronte a outra, entrelazan mutuamente unha das súas mans e apoian os cóbados nunha superficie firme, facendo forza para ver quen consegue deitar o brazo do contrario.

  5. s m

    Oposición entre personas ou grupos que están máis o menos igualados en canto á súa forza ou poder.

    Ex: Mantiveron un forte pulso nas votacións.

Frases feitas

  • A pulso Facendo forza unicamente coas mans e os pulsos, sen apoiar os brazos.

Palabras veciñas

pulseira | pulsímetro | pulsión | pulso | pulsorreactor | pultáceo -a | pululación