Qaeda, Al-

Qaeda, Al-

Organización terrorista internacional que fundou en 1988 Osama Ben Laden. Naceu para expandir o movemento de resistencia contra as forzas soviéticas en Afganistán nun movemento panislámico. O seu obxectivo foi reunir a todos os musulmáns baixo un goberno baseado na šarī’a. Considerou a EE UU como o principal inimigo do Islam e chamou a todos os musulmáns a participar nunha ǧ ihād. Opera como unha rede internacional estruturada en células independentes, cunha estrutura financeira e política, e conta con numerosos activistas que proveñen do islamismo talibán. Atribúenselle atentados como a destrución das embaixadas en Nairobi e Dar es Salaam (1998); o ataque contra as torres xemelgas no Worl Trade Center de Nova York, The Pentagon e contra un terreo despoboado en Pennsylvania (2001); e a colocación de bombas nos   trens de proximidades de Madrid (11 de marzo de 2004) e nas liñas de metro e autobús de Londres (7 e 21 de xullo de 2005).