quark*

quark*
s m [FÍS]

Nome xenérico das seis partículas fundamentais que, xunto cos leptóns, son os constituíntes fundamentais da materia. Coñécense seis, que son designados polas iniciais do seu nome en inglés: u (up: arriba), d (down: abaixo), c (charmed: encantado), s (strange: estraño), b (bottom: fondo, ou beauty: beleza) e t (top: cume, ou thruth: verdade). Caracterízanse polo isospin, a carga eléctrica e polos sabores ou aromas (encanto, a estrañeza, a beleza e a verdade). As combinacións dos quarks forman os hadróns: dunha banda, forman os mesóns e, doutra, os barións. Os quarks non poden ser detectados libres.